O Círculo carballiñés de Podemos vota en asemblea a expulsión de tres membros

20, Outubro 2014

A asamblea de Podemos O Carballiño está convocada para o martes dia 21 de Outubro, ás 20:30 horas, na Praza Antón Losada Diéguez, á entrada da casa da cultura do Carballiño.

Ademáis de comentar a asemblea "Si se puede" que ven de celebrarse esta pasada fin de semana en Madrid, o Círculo carballiñés de Podemos debatirá "a revocación e expulsión" de tres dos seus integrantes "por actitudes e mensaxes ofensivas e incompatibles co código ético da organización", según figura na órden do dia da convocatoria.

Ademáis, Podemos O Carballiño ven de facer público que Eduardo Ordoñez e Pepe Zúñiga serán dende agora os portavoces da organización no ámbito local.