O calamitoso estado no que estaba Espiñedo obriga a adiar o Arenterio-Arousa

Data: 
28/2/2010
Alguén podería chegar a conclusión errónea que nos últimos dias choveu máis no Carballiño que no resto de Galicia, tras saberse que este domingo tivo que adiarse o partido que tiñan que xogar no campo municipal de Espiñedo o Arenteiro e o Arousa, debido a gran cantidade de auga acumulada no terreo de xogo. Foi o único encontro de futbol de categoria autonómica que tivo que aplazarse por este motivo, o calamitoso estado no que se atopaba o campo. En realidade, non choveu no Carballiño maís que no resto do país, senón que o recinto deportivo municpal ten prácticamente inutilizado o sistema de drenaxe e cando chove non filltra a auga. O problema arrástrase desde que o Concello do Carballiño utilizou Espiñedo para o concerto do artísta brasileiro Carlinhos Brown, en xuño de 2007. Daquéla instalárase un macro-escenario sobre o terreo de xogo, equipos de luces e son, e camións de gran tonelaxe accederan ó recinto deportivo. A desfeita causada entón fixo que tiveran que investirse 60.000 mil euros, que aportou unha empresa privada, para recuperar o terreo de xogo, quedou coma unha alfombra verde perfecta, pero comezou a deteriorarse o pouco tempo coa chegada dos invernos. Ademáis, en xaneiro de 2009 os ventos do ciclón Klaus derrubaron unha parte do muro exterior, que desde fai tempo atrás xa amenazaba perigo de derrubamento. Un ano despóis a inercia municipal mantén as pedras tiradas no chan, e o muro sen reconstruirse. Non parece que os responsables muncipais do Carballiño teñan a Espiñedo entre as súas prioridades, aínda que o mínimo que podería exisirselle é que reparasen o que coa súa irresposabilidade estragaron.

Comentarios

Teño entendido que Espiñedo e

Teño entendido que Espiñedo e a todas luces propiedade do concello, de todos modos no mesmo ten que estar toda a documentación

hay que centralizar os campos

hay que centralizar os campos de fútbol, Lalín, Barbadás, Allariz .... todos teñen os campos de fútbol xuntos. Vender Espiñedo mais ises 80.000 euros que se van enterrar no muro dan para facer moito na Uceira (sempre e cando non se meta a mán).

O Espiñedo non se pode

O Espiñedo non se pode vender!!!! Non pertence ao Concello do Carballiño, tan só ten o seu uso mentres siga sendo un campo de futbol! ou non sabe vostede que eses terreos pertencen a fundación Irmaus Prieto ao igual que o Asilo e a Praza Maior!

La Culpa es de la Inmaculada

La Culpa es de la Inmaculada Ucha y su "amiguito" Francisco Gomez, el concejal de Festejos, hay si esa Casa do Concello hablara, esos rincones oscuros

que ten que ver Francico

que ten que ver Francico Gómez neste "desaguisado"?

non sería millor valorar a

non sería millor valorar a posibilidade de poñerlle sintètico ó espiñedo ?? como teñen equipos como o Montañeros???

si, podese valorar, con

si, podese valorar, con 400.000 ou 500.000 euros todolisto, onde os sacamos?

A culpa a ten Inmaculada

A culpa a ten Inmaculada Ucha, cando organizou no Espiñedo o concerto do Carliños Brown pois ó meter os camións deste cantante no interior do municipal de Espiñedo estragaron o terreo de xogo e así o deixaron feito unha pena, total para nada pois o concerto do Carliños foi unha actividade que costou unha morea de cartos e foron catro gatos e as traballadoras do Ninfas. Cos cartos que se gastaron neste concerto podíamos ter un campo de fútbol ben decente sen pasar por estas calamidades. Pena de cartos tan mal invertidos.

o concello ten abandoado o

o concello ten abandoado o espiñedo, non querrán vendelo? tempo ó tempo. agora nen muro, nen vestiarios, nen cespede, nen..............vergoña.

penso que o árbitro fixo ben

penso que o árbitro fixo ben en non permitir que se xogase o partido, en campos como o estado que presentaba Espiñedo a federación non pode permitir que se desenrole ningún partido de fútbol, a integridade dos xogadores debe primar sobre todo, estas son as consecuencias das decisións "mal" tomadas (concerto Carliños Brahun). ¿ CULPABLES ? ahora seguro que ninguén, como casi sempre.....

yo creo que no deberíamos de

yo creo que no deberíamos de dramatizar, la realidad es que pincharon muchos de los de arriba; teníamos la baja importantísima de Martín y ahora ya podrá jugar contra el Arousa y, para mi ,esto sigue pintando muy pero que muy bien.

esto todo que rodea a Club

esto todo que rodea a Club Deportivo Arenteiro podémolo definir como DRAMÁTICO. Nin DIRECTIVA (penosa), nin ENTRENADOR (lamentable), nin EQUIPO (xogadores mercenarios) e agora NIN CAMPO. Esto afúndese e ninguén se marcha, nin dimite, eiquí esto empeza a cheirar moi mal. ¡¡¡¡¡¡¡¡ DRAMÁTICO!!!!!!!!!

Menos mal que o que si

Menos mal que o que si funciona é o sector antitodo que ti encabezas, senon fora por xente coma ti que seria do Arenteiro, ti co teu discurso orixinal, constructivo e ben arguementado, ti posuidor de todas as respostas, ti ¡Oh Amo!, mostranos o camiño e levanos á verdade coa túa iluminación e coñecemento sen limites. Chegado este punto creo que xa estás en disposición de crear unha nova relixión, eu oso propoñerche incluso un nome, o FALABARATISMO, penso modestamente que define á perfección a túa filosofía, oh gran dador de luz.

Os do Ayuntamento do

Os do Ayuntamento do Carballiño son unhos auténticos IMPRESENTABLES, en espiñedo sempre pasa algo, dende que estivemos máis de 8 anos a sen iluminación, a que o campo está caendo a cachiños e deixano pola man de Deus, señores o que non sexa capaz de levar un Concello como O Carballiño, á calle.

Imos de pena en pena. Pena de

Imos de pena en pena. Pena de Cobertoira, pena de espiñedo, pena de goberno municipal, pena penita pena.

é unha auténtica vergoña que

é unha auténtica vergoña que o único partido de fútbol que houbo que suspender onte en Galicia enteira fose este do Carballiño, e mirade que chove en Galicia. Xa fai unhos meses o Arenteiro tivo que xogar na Uceira, tamén por este mesmo motivo. A culpa non é da chuvia nin de Carliños Brown, non, senón do Carliños Montes e cia, que son os responsables directos desta desfeita.