O Carballiñés Argimiro Marnotes será o novo xerente de Xestur Ourense
O actúal portavoz do Partido Popular na Corporación Municipal do Carballiño, Argimiro Marnotes Fernández, será o novo xerente de Xestur Ourense, a empresa pública da Comunidade Autónoma de Galicia que se encarga da xestión do solo na provincia de Ourense. Con toda probabilidade, Marnotes será nomeado como novo xerente en sustitución de Emilio Xosé Rodríguez, no Consello de Administración que se celebrará o vindeiro lúns dia 20. Xestur Ourense está participada de forma maioritaria polo Instituto da Vivenda e Solo e a Consellería de Economia e Facenda da Xunta de Galicia, e tamén conta cunha representación minoritaria o Inorde. Xestur Ourense é a empresa pública que se ocupa do desenvolmento da actividade urbanizadora en todo o territorio provincial, elaboración de estudios urbanísticos e a súa posterior execución, urbanización e venda dos parques empresariais e planes de promoción da vivenda. Argimiro Marnotes, xa traballou como arquitécto técnico en Xestur Ourense, aínda que na actualidade atopábase en situación de excedencia. Persoas moi próximas o futuro xerente de Xestur Ourense aseguraron a Cope O Carballiño que a súa intención é seguir desenvolvendo a súa actividade política no Concello do Carballiño, xa que este cargo na xerencia de Xestur non é incompatible coa súa condición de Concelleiro.