O carballiñés Cristobal Amoedo, subcampeón de España de Taekwondo

20, Marzo 2013

O deportista do Ximnasio Taebek do Carballiño proclamouse sub-campión de España na categoria absoluta, a reservada para pesos pesados de máis de 87 kilos.

O campionato desenvolveuse na localidade de Oropesa del Mar, na provincia de Castellón, este pasado sábado 16 de marzo. O deportista carballiñés Cristobal Amoedo Losada formaba parte da delegación da Federación Galega de Taekwondo e conseguíu o subcampeonato na súa categoria, na que se impuxo o madrileño Adrián Cabo.