O Carballiño celebra a festividade do Patrón San Cibrán

16, Setembro 2009

O Patrón San Cibrán inicia o seu recorrido polas rúas carballiñesas

O Carballiño celebra este 17 de setembro o seu dia grande, festivo local no Concello do Carballiño, e xornada central das festas na honra ó Patrón San Cibrán. As dez da mañá o tradicional disparo das bombas de palenque anunciaran a toda a veciñanza o inicio da programación festiva, á que hoxe se suma a charanga do “Dr. Anchoa” que animará coa súa música tanto as rúas como as tascas do Carballiño. As once  e media sairá desde o Templo da Veracruz a Procesión de San Cibrán para protagonizar o seu tradicional recorrido dun 17 de setembro polas rúas carballiñesas, unha procesión que estará acompañada pola música da “Banda da Escola Naval de Marín”, que por segundo ano consecutivo cumple con esta misión. Despois da Misa Solemne, que estará cantada polo Orfeón do Carballiño, a Banda Mariñeira ofrecerá un concerto na praza da Veracruz. Trala sobremesa, a programación festiva reiniciaráse ás cinco da tarde co concurso da chave na explanada da entrada do parque municipal, mentres que os nenos terán a súa cita na praza maior nunha tarde reservada hoxe para os xogos populares. A verbena estará hoxe amenizada pola orquestra “Paris de Noia”, que instalará o seu escenario móbil na Praza Maior. As once e media da noite terá lugar o concertos de “Cómplices” na Praza do Emigrante, e á unha da madrugada completaráse a programación coa tirada de fogos, na Alameda, que estará a cargo de “Pirotécnia La Gallega"