O Carballiño acolle a 3ª Copa Deputación de Patinaxe Artísitica

21, Xuño 2018

Arredor de oitenta deportistas participarán este sábado, 23 de xuño, na III Copa Deputación de Patinaxe Artístico, que organiza o Club FENIX, en colaboración coa concellería de Deportes do concello do Carballiño, e que se celebrará no pavillón de deportes Paco Chao.

O evento foi presentado esta mañá nun acto ao que asistiu o alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; a entrenadora do club FENIX, Noelia Silva Rodríguez; a presidenta do club, Marta Domínguez, e Celia Rodríguez. Francisco Fumega agradeceu o esforzo que leva a cabo o club Fénix para poromocionar o deporte do patinaxe no Carballiño, así como por traer esta copa ao Carballiño.

Manuel Dacal tamén felicitou ao club e á directiva por incentivar o deporte base e por apostar polo Carballiño como vila de acollida de grandes eventos deportivos que repercuten no eido deportivo pero tamén no turístico.

Así mesmo, agradeceu á Deputación a súa colaboración coa promoción deportiva no Carballiño, así como os patrocinadores que fan posible a realización desta competición: Frigoríficos Florindo, Pastelería La Creme, Gadis, Flor de Lis e o Centro Comercial Aberto. Noelia Silva destacou a importancia deste campeonato, que espera sexa oficial no calendario da Federación Galega de Patinaxe para o próximo ano. Neste senso, recalcou o avance conseguido en pouco tempo para promocionar este deporte no Carballiño e integralo a nivel provincial e galego.

Así, dixo que ía ser un gran día para os nenos e nenas patinadores, e que esperaba unha boa afluencia de afeccionados nas bancadas. As portas do pavillón abriranse ás 10,45 h., para dar comezo ás probas das categorías inferiores.

Ás 13,30 realizarase a primeir entrega de trofeos. A partir das 16,00 h., continuará o campeonato coas seguintes categorías, ata as mais altas, a rexional. Está prevista a entrega de trofeos a partir das 19,30