O Carballiño acolle a Feira Medieval A Liorta, do venres 4 ao domingo 6 de agosto. Consulta aquí toda a programación.

3, Agosto 2023

A Festa do Pulpo reforza nesta 61 edición a súa programación. Con este fin, o Concello trasladou ao mes de agosto a Feira Medieval “A Liorta”, que ofrecerá espectáculos musicais, de lume ou circo, entre outras propostas. Celebrarase do 4 ao 6 de agosto polas rúas do centro da vila e a Veracruz, en horario de tarde o venres e de mañá e tarde o resto da fin de semana.

Descarga o arquivo adxunto con toda a programación detallada da feira medieval "A Liorta" do Carballiño.