O Carballiño agarda a visita de 100.000 persoas na gran fin de semana da Festa do Pulpo

9, Agosto 2019

Todo preparado para recibir a riada humana que outro ano máis agarda O Carballiño con motivo dunha nova edición da Festa do Pulpo, a 57 que é a que se corresponde con este ano 2019, dedicada a Asturias.

Todas as brigadas municipais estarán operativas esta fin de semana, asi como todos os recursos dispoñibles, cun operativo de seguridade, que inclúe este ano un dispositivo especial da Policia Local, que veráse reforzada con axentes procedentes das Policias Locais de Ourense e Barbadás.

Nas noites-madrugadas do venres ao sábado, e do sabado ao domingo, estarán operativas cinco patrullas de Policia Local, a maiores do apoio que prestará a Garda Civil,  asi como efectivos da Agrupación de Protección Civil, Bombeiros, e Urxencias Sanitarias 061.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega anunciou, ademáis, e no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio, a posta en marcha dun Punto Violeta, para prevención e control de agresións sexuais.

As previsións apuntan a que máis de 100.000 persoas visiten durente  os próximos dias O Carballiño