O Carballiño baixa ata os 4 contaxios activos de coronavirus, a cifra máis baixa dos últimos cinco meses

12, Decembro 2020

Os datos aportados por Sanidade nesta mañá de sábado dia 12 de Decembro sitúan a cifra de contaxios activos no Carballiño en 4 casos, o mellor dato dos últimos cinco meses en canto a datos diarios de casos activos de coronavirus. 

Beariz mantén 18 contaxios activos, e tras notificar Sanidade esta semana o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con Covid-19, un home de 86 anos e unha muller de 100 anos, ambas usuarias da Residencia de Maiores de Beariz. No resto dos concellos permanecen contaxios activos en Maside (2) e San Cristovo de Cea (1) E continúan libres de virus os municipios de Piñor, Punxín, O Irixo, Boborás e San Amaro.