O Carballiño celebra este sábado dia 24 a 39ª edición do Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral

22, Setembro 2022

O Casino do Carballiño acolle, con entrada de balde, dende as 20:30 horas deste sábado dia 24 de setembro a edición número 39 do Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral.

O concelleiro de cultura Diego Fernández, subliñou no acto de presentación deste festival que "trátase dun evento que nunca deixa de sorprendernos grazas ao bo facer da familia da Coral do Casino e tamén do seu director Jaime Pichel, un orgullo para O Carballiño poder contar cun home do seu talento e sempre implicado coa nosa vila".

Pilar Caballero, en nome da organización, que corresponde á Coral Polifónica Casino do Carballiño, destacou o nivel artístico das dúas corais invitadas "que nos achegaron a súa ilusión por estar no Carballiño e participar neste festival, témoslle preparada unha visita turística e gastronómica, na que non faltará o pulpo".

Ademáis dos anfitrións e organizadores, a Coral do Casino, participarán neste festival a agrupación portuguesa Orfeao de Espinho e a Coral Ecos do Miño, de Lugo.