O Carballiño celebra a festividade do patrón San Cibrán, no dia grande das Festas do Setembro

17, Setembro 2018

Ás once e media da mañá saíu dende o Templo da Veracruz a tradicional procesión de San Cibrán polas rúas do Carballiño, no chamado dia grande das festas carballliñesas, neste lúns 17 que é festivo de carácter local no municipio do Carballiño.

Co acompañamento da Banda Escola de Música do Carballiño, a procesión foi seguida da misa solemne no Templo da Veracruz. Ademáis, animan musicalmente a xornada as charangas Castro Bello de Doctor Anchoa.

Pola tarde, dende as cinco terémos festa infantil na Praza Maior, coa animación do DJ Tibu.

Pasra completar a programación festiva, na verbena alternarán dúas orquestras, "La Fórmula" na Praza da Veracruz e "Os Satélites" na Praza Maior.