O Carballiño celebra o dia mundial do libro con actividades durante toda a semana

22, Abril 2013

As bibliotecas do IES nº n1 e IES Chamoso Lamas, asi como a Biblioteca Municipal e a ANPA A Uceira do CEIP Calvo Sotelo colaboran coa concellería de cultura nas actividades programadas.

O mércores dia 24 "Bibliotecas na rúa" achegará os libros ata a Praza Maior do Carballiño. Dende as 18 ás 21 horas, haberá teatro e contacontos, asi como un recital de textos literarios  a cargo de estudiantes dos centros de ensinanza carballiñeses acompañados da actuación dun grupo "Ars Antiquia", que presentará un concerto de música medieval e barroca. Stands con libros e un mercado de troco completará esta actividade.

A programación ao completo da SEMANA do LIBRO organizada pola Biblioteca Municipal do Carballiño en horario de tarde é a seguinte.

Luns 22: É un libro ....electrónico. Explicación sinxela para os nenos/as da evolución do libro ata o  e-reader.

Martes 23: Día do libro. Obradoiro "Un libro,unha flor" (confección flor con papel do xornal,cartolinas ...)  Os nenos/as levarán un libro de agasallo

Mércores 24: Biblioteca naRúa :Contacontosna rúa  e agasallos de libros , camisetas,marcapáxinas, xunto coas Bibliotecas escolares da vila.

Xoves 25: Contacontos Morgama e Arturna Biblioteca e obradoiro títeres co material de reciclaxe .

Venres 26: Contacontos Morgama e ArturnaBiblio e obradoiros.

Sábado 27: Representación teatral infantil no Auditorio do Carballiño.