O Carballiño consegue un prato de "récord"

5, Agosto 2014

Obxetivo conseguido, novo récord do Carballiño ao presentar un prato de polbo de que rebasou os 20 metros cadrados.

Catrocentos kilos de polbo á feira cubriron o prato, preparadado tamén en tempo récord polas pulpeiras e pulpeiros de Arcos, que pararon o cronómetro instalado na Praza Maior nos 10 minutos e 35 segundos.

Centos de persoas consumiron, tamén en tempo récord, o  xigantesco prato, repartido en racións a 4 euros. O evento volveu contar cunha notable repercusión mediática.