O Carballiño contará cunha estación de ITV a partir de 2017, segundo as previsións da Xunta

10, Agosto 2015

O Carballiño terá unha estación propia da Inspección Técnica de Vehículos -ITV-  que entrará en funcionamento a partir de 2017, según ven de avanzar a Xunta de Galicia dentro do plan de investimentos da ITV para os vindeiros anos.

A empresa "Supervisión y Control", que é a concesionaria da ITV na comunidade autónoma, abrirá no Carbaliño unha unidade que incorporará os últimos avances tecnolóxicos neste tipo de instalacións.

A estación carballiñesa da ITV prevese que atenda a unhos 5.000 vehículos anuais, e creará 4 postos de traballo.

Desta maneira, e a partir do ano 2017, os automovilistas das comarcas do Ribeiro e O Carballiño terán unha ITV de proximidade, e xa non se verán obrigados a acudir as ITV de Ourense ou Lalín, como acontece na actualidade.