O Carballiño culmina unha semana pletórica de ambiente festivo

11, Agosto 2013

A celebración da Festa do Pulpo, e tamén a programación de actividades dos últimos dias, logrou atraer a miles de visitantes a O Carballiño. O concello cifra en preto de 80.000 persoas as que acudiron a gran "pulpada" deste ano.

Aínda que a cifra dada polo concello sempre se presta a controversia, o certo é  que durante os dias previos O Carballiño rexistrou probablemante a maior afluencia de público dos últimos anos, éste é o comentario practicamente unánime entre a veciñanza e tamén entre a hostelería local.

Á recepción oficial de convidados, ao lado da estatua dos Irmáns Prieto, acudiron representantes da corporación muncipal de Vigo, cidade á que este ano se dedicou a festa. Deulles a benvida o alcalde do Carballiño, recordandolles que "estamos na mellor festa de Galicia á que o que non ven sempre se arrepinte de non haber estado", subliñaba Marnotes. 

A EDICIÓN DE 2014 DEDICARÁSE AOS CENTROS GALEGOS DE CATALUNYA

Asi o anunciaba o rexedor municipal no transcurso do xantar no recinto do concello. Argimiro Marnotes, acompañado de varios representantes dos centros galegos en catalunya, comunicaba que a próxima edición da festa do polbo estará dedicada á emigración galega no país catalán.

AMENAZA DE TREBOADA

Minutos antes das sete da tarde, aínda con moita xente do parque, fixose presente a amenaza dunha treboada, de feito por un breve espazo de tempo caeron algunhas pingas ben gordas, finalmente todo se quedou nunha amenaza, que incluso agradeceron os máis xoves, aproveitando para refrecarse, moitos -protexidos polas árbores- nin xiquera se enteraron.