O Carballiño dedica a 63 Festa do Polbo á localidade italiana de Noventa Padovana

O concello do Carballiño inaugurou a placa conmemorativa dedicada á localidade italiana de Noventa Padovana, coa que O Carballiño está irmandada, e á que ademáis tamén dedica esta 63 edición da Festa do Polbo.
Por tal motivo, unha delegación oficial encóntrase estes dias no Carballiño, encabezada polo alcalde deste municipio italiano, que participará no acto institucional do concello carballliñés este domingo ás 13:00 horas na explanada de entrada do parque municipal, asi como no resto das actividades previstas e no xantar no recinto do concello.
Na foto, Manuel Dacal, concelleiro de Turismo; Davide Iafelice, concelleiro de Turismo de Novena Padovana; Marcello Bano, alcalde de Noventa Padovana, e José Castro, alcalde en funcións do Carballiño.