O Carballiño despide o ano cun incremento (+3) e alcanza os 10 contaxios activos de coronavirus
![](http://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/test-de-coronavirus_15_1000x564.jpeg?itok=Es1u6J-O)
O Carballiño despídese de 2020 cun repunte de contaxios activos de Covid-19, rexistra hoxe dia de fin de ano un aumento de 3 contaxios activos e alcanza os 10 casos, unha cifra que non rexistraba dende principios de mes, son o doble en relación ao dia de noiteboa. Tamén volve rexistrar un caso de coronavirus o concello de Piñor.
A boa noticia chega hoxe en Beariz, que logra despedirse do ano con cero contaxios activos, igual que o fan Maside, O Irixo, Punxin e San Amaro. Boborás continúa con 2 casos activos e finalmente, San Cristovo de Cea mantén 21 contaxios activos.