O Carballiño despide as "Xornadas Gastronómicas" cunha caída histórica no consumo de pulpo: os profesionais do sector calculan que se vendeu tan so o 25% do que se vendia cada ano nestas datas de Agosto

9, Agosto 2020

O Carballiño despide este domingo as "Xornadas Gastronómicas do Pulpo" l, a iniciativa promovida dende o concello coa colaboración da hostalaría local e as pulpeiras e pulpeiros de Arcos para "Salvar os mobles" en substitución da Festa do Pulpo e na medida do posible atenuar as consecuencias da crise pola pandemia do coronavirus en sectores claves da economia local, 

Un total de 46 locais, restaurantes, bares e mesóns ofreceron durante a semana o pulpo á feira, ademáis durante a fin de semana -sábado e domingo- sumáronse 20 postos de venda de pulpo que, como se fose un dia de feira calquera, instalaron na rúas e prazas as pulpeiras de Arcos, que este ano non poideron instalar as súas caldeiras no parque municipal, ao quedar cancelada a que debería ser a deste 2020 a 58 edición da Festa do Pulpo.

Non houbo aglomeracións en ningún momento, tal como se perseguía pola situación que vivivmos e o resultado da semana dende o punto de vista económico foi bastante "discreto" e e nalgunhos establecementos "cativeiro", según os datos aportados a esta emisora de radio polos profesionais consultados, tan un chisco o sábado e algo máis o domingo a mediodia animouse a afluencia de público chegado de fora para desgustar o noso manxar gastronómico máis internacional, consumido este ano maioritariamente no Carballiño en ambiente famiiar nas casas, foi como a maioria dos carballiñeses conservaron este ano a tradición deste segundo domingo do mes de Agosto.

En todo caso, o desplome na caída do consumo de pulpo foi histórico nestas datas de agosto, son as estimacións de  Daniel González Atanes de Frigoríficos Arcos, unha das empresas locais punteiras do sector "algo de pulpo comeuse, pero moi lonxe das toneladas doutros anos, eu calculo que se vendeu un 25% do que se vendía outros anos", un dato certamente revelador que é corroborado por outras profesionais como Aurora Gómez, da asociación de pulpeiras Arcos-O Carballiño que instalou as súas caldeiras na rúa do Paseo xunto ao gastrobar Don Paco"no parque vendíase moito, moito pulpo, hoxe aquí estamos traballando como un dia de feira, máis ou menos".

Tamén caeu a mínimos históricos no Carballiño a ocupación en hoteis e hostais nesta semana do pulpo, sempre con ocupación plena ano tras ano e desta vez con moitas habitacións libres, e con apenas un 30% de ocupación no conxunto dos establecementos hoteleiros carballiñeses "outros anos tiñamos cheo toda a semana e coas reservas feitas con moita antelación, este sábado ocupamos tan so dúas das catorce habitacións que temos, outros anos se tivesemos capacidade enchiamos a grada do Espiñedo", aseguraba a COPE O Carballiño Pepe Növoa, de Casa Pituxo.

Polo demáis, na noite do sábado e madrugada do domingo, a actividade nos locais de ocio desenvolveuse con normalidade e sen inicientes reseñables, nas intervecións das forzas de seguridade e órden público tan so se contabilizaron dous delitos contra a seguridade no tráfico, con dous positivos en controis de alcoholemia.