O Carballiño faise maior, a inmigración non frena o progresivo envellecemento da poboación do municipio

2, Febreiro 2020

O Carballiño faise maior, ou acaso moi maior, de feito nunca antes tivemos unha poboación tan envellecida se temos en conta os últimos datos do INE correspondentes a 2019, que sitúan a poboación do municipio do Carballiño en 14.027 persoas.

Se observamos os datos ao detalle vemos que os carballiñeses menores de 10 anos son 996, mentres que 1.561 carballiñeses superan os 80 anos de idade, e dentro deles 872 son maiores de 85 anos. Pola contra, o quinquenio con menos carballñeses é o de menores de 5 anos, son 471. 

A inmigración non logra frenar esta pirámidde invertida na poboación do municipio, tampouco cadran as contas da esperanza de vida para explicar o envellecemento carballiñés.

De feito a diferencia entre nacementos e falementos, o chamado crecemento natural ou vexetativo, presenta o pior dato dende que existen rexistros, e certifica que no último ano faleceron no municipio do Carballiño 111 persoas máis das que naceron.

Se analizamos a idade da poboación por quinquenios, vemos que os sete quinquenios con menos poboación son aqueles que van dende os cero aos trinta e cinco anos de idade.

E tamén podemos concluir que O Carballiño é a dia de hoxe unha localidade dominada polos cuarentóns, os que están entre os 40 e os 49 anos, suman en total 2.301 carballiñeses, deles 1.215 teñen entre 40 e 45 anos e 1.086 entre 45 e 49 anos. Son os dous quinquenios con máis carballiñeses, sen dúbida producto do "baby boom" da década dos anos 70 do seculo pasado.

Da poboación carballiñesa, 4.844 persoas son maiores de sesenta anos, o que representa case o 35% do total de habitantes empadronados no municipio. 

En canto ao sexo da persoas, viven no Carballiño algo máis de mil mulleres que homes, concretamente 7522 mulleres e 6.505 homes.