O Carballiño mantén a súa actividade comercial, aumenta na restauración e bares, e baixa na industria e construcción.

18, Outubro 2009

Os datos veñen de publicarse no “anuario económico La Caixa 2009”, que recolle un conxunto de datos estadísticos e indicadores socioeconómicos da totalidade dos Concellos de España. Según o mesmo, O Carballiño retrocedeu una súa actividade industrial e de construcción un 15,2 no quinquenio entre 2003 e 2008, de maneira que as actividades neste sector no pasado ano foron de 268 no Concello carballiñés, mentres que o sector da restauración e bares experimentou un aumento nese mesmo periodo de tempo de 6,6 puntos, atá chegar no 2008 a un total de 178 establecementos neste sector da hostelería. En canto a actividade comercial minorista permanece prácticamente inalterable, xa que só se contabiliza unha actividade menos, 459 en 2008 fronte as 460 do ano 2007. Noutro apartado, recollense as variacións rexistradas no parque móbil ou nos teléfonos fixos, en ambos casos experimentaron siñificativos incrementos. A telefonía fixa pasou de 5.662 liñas en 2007 a 6.151 de 2008, e un aumento de 10 puntos no último quinquenio. No caso dos vehículos a motor, O Carballiño pasou dos 10.055 que estaban rexistrados en 2007 ós 10.607 que se contabilizaron en 2008, dos que 7.769 son automóbiles. E finalmente, o informe recolle outros dous datos, ambos negativos, que son os da evolución do paro e a chamada cuota de mercado. En canto a porcentaxe de persoas inscritas como demandantes de emprego sobre a poboación total, pasou do 5,8 de 2007 ó 6 no 2008, medio punto por enriba da media galega. En canto a cuota de mercado, esto é, a capacidade de consumo da poboación, tamén se perdeu un punto no último ano. A couta de mercado mide o poder adquisitivo do conxunto da poboación tendo en conta diferentes variables socioeconómicas. Ou o que é o mesmo, según este informe económico elaborado por “La Caixa” somos un punto maís pobres, aínda que cunha cuota de mercado de 34 puntos, O Carballiño aínda segue colocado nos postos altos neste indicador económico no conxunto dos Concellos Galegos.