O Carballiño perde a "chiquilín", veciño, e traballador municipal exemplar durante 40 anos

30, Maio 2020

José Francisco González Ferreiro "Chiquilín" e "Chiqui" para os seus amigos, faleceu este sábado no CHUO, onde ingresou fai unhos dias despóis dun empeoramento da enfermidade.

Sen dúbida, o traballador municipal en activo máis popular, querido e respectado do concello do Carballiño, dende que a principios da década dos anos oitenta do século pasado tomara o relevo do seu pai como varredor municipal.

"Xa perdín a memoría de cantos alcaldes tiven" dixo na súa última entrevista en COPE O Carballiño", e é que non era doado levar a conta, estivo con Argimiro Marnotes Rodríguez, José Luis García, Marquina, Pachi Vázquez, Carlos Montes, Argimiro Marnotes Fernández, e Francisco Fumega.

Durante case corenta anos era o primeiro traballador en iniciar a súa xornada laboral, que remataba sen mirar o reloxio, e asi ata que fai tres anos tivo que coller a baixa laboral obrigado pola enfermidade, no mes de outubro do ano pasado pedíu a alta voluntaria para incorporarse novamente ao seu posto de traballo no concello do Carballiño, onde continuou ata que a saúde llo permitíu.

"Chiquilín" era un deses traballadores que calquera empresario gustaríalle ter na súa empresa, responsable, bo compañeiro, entusiasta no seu traballo, para él o máis importante era que as rúas do Carballiño lucisen limpas, ver a "Chiqui" a primeira hora da mañá transmitía ánimo, vitalidade, optimismo, alegría. 

O Carballiño vaite botar de menos "Chiqui". Descanse en Paz.