O Carballiño presenta a Festa do Pulpo en Fitur como "un dos grandes eventos gastronómicos e culturais de Galicia"

20, Xaneiro 2017

O concello do Carballiño presentou na Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid, a LV Festa do Pulpo como un dos eventos gastronómicos e culturais máis destacados de Galicia.

Tanto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, como o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, nomeárona como un referente turístico de Galicia cada segundo domingo de agosto.

"É unha das celebracións gastronómicas máis antigas e multitudinarias de Galicia. O pasado ano congregou a preto de 100.000 persoas que consumiron arredor de 70 toneladas de pulpo coas que se elaboraron unhas 150.000 racións. E, como anticipo desta magna romería, elaborouse a tapa de pulpo máis grande do mundo, nun prato de 5 metros e 37 centímetros de diámetro, que contiña 750 kilogramos de pulpo, equivalentes a unhas 2.000 racións. Foi un hito na historia desta festa, que esperamos superar na próxima edición, anque non será doado", dixo o alcalde no acto de presentación, que se desenvolveu no stand de Galicia e estivo organizado e presidido pola directora de Turismo, Nava Castro.

A este acto asistiron o alcalde e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, así como o portavoz de grupo municipal popular, Argimirio Marnotes. Foron i invitados xunto aos demáis concellos con festas declaradas de interese turístico internacional e nacional, como é o caso da Festa do Pulpo.

Na súa intervención, Fumega destacou, ademáis, os cinco elementos que garanten o éxito da festa durante cada edición: "a tradición e o bo facer das pulpeiras e pulpeiros do Carballiño; o viño do Ribeiro; o pan de Cea, e un entorno natural extraordinario como é o parque municipal, con máis de 30 hectáreas de arbolado e zona verde”. "É unha festa que conxuga á perfección a tradición secular na forma de elaborar o pulpo e os demáis produtos gastronómicos, cun ambiente popular no que xogan un gran papel a música e o folclore de Galicia",engadiu.

Finalmente, referiuse ao obxectivo de lograr a internacionalidade. Ao respecto, dixo: "A Festa do Pulpo do Carballiño conseguiu certa relevancia en Galicia e no resto de España, e desexamos traspasar as fronteiras nacionais para que chegue a otros países. Con este obxectivo, o pasado ano lle dedicamos a festa a tres cidades do Norte de Portugal, e esta próxima edicación lla dedicaremos a outra cidade europea".

E concluiu: "Queremos invitalos para que nos visiten este proximo verán e acudan á cita do domingo, 14 de agosto, onde os recibiremos cos brazos abertos na LV Festa do Pulpo do Carballiño”.

Como soportes para a difusión e presentación da festa en Fitur, onde acuden cada ano ducias de miles de visitantes e profesionais das axencias de turismo, touropoeradores e medios de comunicación nacionais e internacionais, o concello acudiu cun video promocional duns 3 minutos de duración, resaltando os elementos esenciais da Festa do Pulpo e da programación cultural das semanas precedentes, así como un folleto turístico escrito en cinco idiomas.

A representación institucional carballiñesa tamén asistiu, unhas horas, á presentación do stand e da oferta turística de Galicia que realizou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e , ao longo da mañá, mantiveron contacto con axencias de turismo e touroperadores, así como con representantes de medios de comunicación que realizan a cobertura informativa desta edición de Fitur.