O Carballiño recibe axuda económica dos fondos do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero

14, Decembro 2018

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, comunicou durante a reunión da Mesa de coordinación para o seguimento da axuda ás vítimas pola violencia de xénero, que tivo lugar no salón de plenos do concello, que o Concello do Carballiño ía recibir 19.277,85 euros de fondos do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

O real decreto-ley 9/2018 do 3 de agosto de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero prevé a recuperación de competencias nesta materia polos concellos e o regulamento da distribución de fondos destinados a isto.

Con data do 4 de decembro deste ano a Secretaria de Estado de Igualdade dictaminou as transferencias en función de criterios obxectivos: unha cantidade fixa, o número de habitantes, e do remanente que houbo tras o reparto, distribuiuse proporcionalmente entre os municipios incorporados ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero como acontece co Carballiño, que consegue a cantidade de fondos máis elevada da provincia despois da cidade de Ourense.

Hoxe mesmo tivo lugar a Mesa de coordinación semestral, que encabeza O Carballiño coma a mesa que se reúne con maior periodicidade de toda a provincia, incluso por riba da capital, ademáis de innovar na representación institucional da mesa de coordinación, e que inclúe o Centro de Información da Muller (CIM), os corpos e forzas de seguridade, sanidade, comunidade educativa a través dos departamentos de orientación, e a xefatura de unidade de violencia sobre a muller da Subdelegación de Ourense.

A través da coordinación e información (feedback) dos representantes da mesa de coordinación, e o protocolo establecido no sistema VIOGEN, os profesionais implicados na loita de violencia de xénero plasman a realidade e fan propostas para procurar a mellora na prevención e actuación sobre os casos activos que implican coma vítimas ás mulleres e aos menores que existan.

A concelleira Marina Ortega explicou con gran satisfacción a importancia da recuperación de competencias e recursos para levar a cabo políticas realistas e eficientes a través dos concellos, que son o primeiro eslabón que entronca coa violencia de xénero para detectar e prevenir a violencia, adaptánndose ás casuísticas da nosa contorna.