O Carballiño rexistra os peores datos dende que se declarou a pandemia: dous novos brotes declarados durante os últimos dias suman 12 contaxios, e increméntase en 5 persoas o que permanece activo dende a pasada semana

5, Outubro 2020

O Carballiño rexistra os seus peores momentos dende que se declarou a pandemia. Sanidade notificou neste lúns 5 de Outubro aparición de dous novos brotes de Covid 19 no municipio carballiñés, que suman doce contaxios entre ambos durante os útlimos dias da fin de semana.

Dunha parte, un brote de tipo social afecta a catro persoas, dous homes de 33 anos e dúas mulleres de 22 anos. O outro brote ten orixe familiar e social e afecta a oito persoas, un home de 66 anos e a sete mulleres entre os 47 e os 62 anos.

Ademáis, incrementa o  número de contaxios o brote familiar que permanece activo dende a pasada semana, inicialmente afectaba a 3 persoas, ás que agora Sanidade suma outras cinco, catro mullleres entre os 24 e os 58 anos e un home de 71 anos.