O Carballiño súmase ao cámbeo do Partido Popular aportando 4.966 votos á victoria de Mariano Rajoy

20, Novembro 2011

O Partido Popular acadou nas eleccións xerais deste domingo o maior número de votos de toda a historia da democracia nunhos comicios no municipio do Carballiño, ao lograr 4.966 votos, o que representa o 60,72 % sobre o voto válido emitido polo electorado carballiñés. Mentres, os Socialistas quedanse nos 2.092 votos, cunha porcentaxe do 25,58% de voto válido.O Bloque Nacionalista Galego obtén 676 votos, o 8,27. Outras formacións políticas sumaron no municipio do Carballiño 311 sufraxios, en branco contabilizaronse 134 e finalmente, nulos foron declarados un total de 117 votos. A participacion nesta xornada electoral no Carballiño situose no 72,13 do censo.

Os populares avanzan no municipio do Carballiño 11,57 puntos en relación ás eleccións xerais de 2008, mentres que o PSOE perde 11,29 puntos con respecto a fai 4 anos atrás, 1.047 votos menos. Algo máis leve é a caida do BNG, que acada o 8,27 fronte o 11,31 de 2008, o que representa un retroceso de 288 votos.

Especialmente siñificativas son tamén as comparativas que se poden establecer coas porcentaxes tanto en Galicia como na provincia de Ourense, polo que respecta tanto a PSOE como ao BNG, xa que os seus resultados no Carballiño están un par de puntos por debaixo tanto da media galega como provincial. Mentres o Partido Popular obtén mellores porcentaxes no municipio, 4 puntos por enriba da media provincial e case 8 puntos por enriba da media galega. Mírese como se mire, un resultado espectácular para o PP carballiñés.

O PARTIDO POPULAR TAMÉN ARRASA NO RESTO DOS CONCELLOS

A victoria do Partido Popular resulta escandalosa no caso dalgunhos concellos, onde chega a acadar atá o 88% dos sufraxios, éste é o caso de Avión e Beariz, 1.011 votos e 576 respectivamente, mentres que o resto dos partidos repartense apenas o 12% dos votos emitidos nos dous concellos.

Tampouco se queda moi atrás nesta goleada popular o Concello do Irixo, onde o Partido Popular recibíu o 75% de apoios, mentres que en Boborás os populares lograron o 71,81% de votos. No municipio de Cea o Partido Popular acadou o 69% dos votos válidos neste municipio, o 67% en San Amaro,e no de Maside o PP suma o 59% de sufraxios, seguido do 56% de apoio popular en Punxín. No concello ribierán de Leiro onde seu Alcalde da localidade foi elexido Senador do Partido Popular, éste conseguíu o 64% dos votos emitidos.

Finalmente, no Concello de Piñor, onde os socialistas obstentan o goberno municipal e gañaran nas xerais de 2008, o PSOE retrocede 10 puntos en favor do Partido Popular, que se alza co 54% dos votos neste municipio.