O Carballiño supera o seu propio récord pulpeiro

8, Agosto 2017

As pulpeiras e pulpeiros do Carballiño volven elaborar a ración de pulpo máis grande do mundo.

Utilizarán un prato de madeira de 5,37 metros de diámetro e media tonelada de pulpo, que cocerán en caldeiras e intentarán cortar e aderezar con sal gorda, aceite de oliva e pementón nun tempo récord.

O evento terá lugar este martes, 8 de agosto, ás 20,00 h., na Praza Maior do Carballiño.

Arredor de trinta persoas participarán neste proceso, que comezará ás 12 do mediodía co traslado do prato ata a Praza Maior nun camión con guindastre, e rematará ás dez da noite, cando remate a distribución do pulpo en pequenas tapas que se venderán ao prezo de 5 euros conxuntamento cun vaso de viño, un anaco de pan de Cea e unha lambetada de chocolate do Royal, así como o agasallo do propio prato.

Nesta edición, que é a séptima, o prato non varía con respecto ás dimensións do pasado ano, pero o reto nesta ocasión é facelo en menos tempo, de forma que o pulpo non se enfríe e poida ser degustado con todo o seu sabor polos varios miles de visitantes que se acheguen ata O Carballiño.

Calcúlase que desta Ración Xigante poden saír unhas 1.500 tapas.