O Carballiño ultima a apertura para este sábado da piscina municipal, que estará parcelada

18, Xuño 2020

De cumplirse as previsións avanzadas pola concelleira Silvia Baranda, responsable desta área municipal, este sábado dia 20 de Xuño quedarán abertas as piscinas públcas do Carballiño.

Contan xa cos permisos necesarios para a súa apertura e tamén están a punto as instalacións, polo que tan so resta realizar a sinalización da parcelación do recinto, tal como fixa a nova normativa de prevención do Covid-19 para este tipo de infraestructuras, que tamén inclúe a obrigatoriedade de reducir o aforo autorizado.

A parcelación realizarase cunha sinalización de pintura no recinto habilitado para os bañistas.