O Carballiño volve superar a barreira dos 14.000 empadronados, dos que baixou o ano pasado. Agora o Padrón Continúo alcanza os 14.360 habitantes.

14, Decembro 2022

Asi a avanzou en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega, á espera de que se peche oficialmente o dato unha vez que o INE corrixa posibles erros, o padrón municipal de habitantes do concello do Carballiño volverá a superar a barreira dos 14.000 habitantes, nos que con lixeiras oscilacións ven movendose nos últimos anos.

O padrón de 2021 aínda en vigor reflicte unha poboación  de 13.911, o dato máis baixo dos últimos catro anos no concello carballiñés. Non obstante, o padrón que se publicará con data do próximo 1 de xaneiro, e que fixará a poboación oficial para todo o ano que ven vai recoller un importante incremento, xa que según os datos do padrón continuo deste mes de decembro, e que confirmou o alcalde na súa intervención radiofónica, a cifra actúal sitúase nos 14.360 habitantes. 

Fumega destacou a importancia deste dato, xa que a máis habitantes, máis recursos da Adminstración Xeral do Estado terá o concello, para o alcalde e preciso seguir animando aos non empadronados e residentes no municipio para que o fagan. Para o rexedor, o reto para O Carballiño sería alcanzar os 15.000 habitantes.