O CCA organiza unha Xornada Informativa de axudas e servizos para PEMES, o dia 3 de Abril no Aparthotel Arenteiro

30, Marzo 2018

O acto abordará tanto as axudas dirixidas a autónomos como os apoios e incentivos para a contratación; ademáis de explicar a liña de apoios dirixida ás empresas con interese en fomar aos seus traballadores.

O encontro inclúe tamén unha explicación de axudas e financiación promovidas polo IGAPE para proxectos emprendedores e para a mellora da competitividade das empresas e internacionalización.

A cita terá lugar o martes día 3 de abril no Salón de Actos do Aparthotel Arenteiro ás 20:00h.

Prégase confirmación de asistencia á dirección mail carballinocca@gmail.com antes do luns día 2 de abril.

Para ver o programa, prema no arquivo adxunto: