O CCA premia as compras para o Dia do Pai

14, Marzo 2018

O Centro Comercial Aberto premia as compras que se realicen estes días con motivo do Día do Pai nos establecementos asociados. Esta campaña de promoción, que comeza hoxe, día 14, e finalizará o día 19, foi presentada este mediodía polo presidente do CCA, Julián Garriga; a xerente, Noelia Mares, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira.

Haberá tres premios, pero as persoas gañadoras poderán elexir entre seis posibles, que son: unha tablet, un smarphone, unha cea para dúas persoas, un vale de compra en roupa deportiva, un vale de compra en xoiería e un vale de compra nunha librería.
Nos establecementos comerciais asociados ao CCA entregaranse as papeletas, que se deberán depositar nunha urna ubicada na librería Ábaco, na Praza Maior.

Os premios daranse a coñecer o día 19 pola noite nas oficinas do CCA.

Julián Garriga e Noelia Mares animan aos veciños e veciñas e, sobre todo, aos nenos e nenas, a conseguir un agasallo para os seus país mercando estes días nos establecementos comerciais do Carballiño.

Adolfo Nogueira compartiu este mesmo desexo e referiuse á excelente oferta comercial do Carballiño, suxerindo aos veciños da vila e da comarca que fose a primeira opción nas compras. Tamén felicitou ao CCA polo esforzó que realiza para dinamizar o comercio local e promover as compras.