O CD Arenteiro fai pleno e acapara a totalidade dos premios da Segunda RFEF na XII Gala do Fútbol Galego
Os cinco premios concedidos pola Asociación de Clubes Galegos de Fútbol-Proliga na categoria da Segunda Federación foron desta vez para un mesmo equípo, sendo ademáis a primeira vez que esto acontece desde que se entregan con carácter anual estes recoñecementos que premian aos mellores de cada tempada no fútbol galego.
Asi, desta maneira, e no acto celebrado no Hotel Congreso de Santiago de Compostela, o Arenteiro fixo pleno, e obtivo os cinco premios posibles, a través dunha votación na que participan represantantes de todos os estamentos do fútbol galego.
Os cinco galardóns que recolleu o Arenteiro trala súa histórica campaña na que se proclamou campión de liga, conseguíu o ascenso, tamén na que foi campión da Copa Federación, e tivo unha brillante participación na Copa do Rei, foron os seguintes:
Mellor equipo da categoria, e tamén mellor xogador (Álex Fernández), máximo goleador (Antón Escobar), gardameta menos batido (Diego García) e mellor adestrador (Fran Justo e Javi Rey, compartido).