O CD Cenlle pon en marcha unha campaña para reunir 5.000 euros para axudar aos gastos de dentista dun futbolista que sufríu unha lesión nun partido do club. A mutua da Federación só aporta 500 euros.

7, Maio 2024

A lesión do fútbolista do Club Deportivo Cenlle produciuse nun partido do campionato de liga da terceira categoria autonómica no campo do Rante no pasado mes de xaneiro, nunha xogada fortuíta perdeu tres pezas dentais.

Os gastos da ciruxía e implantes ascenden a 5.000 euros, e o humilde club encontrouse con que a mútua da Federación de Fútbol para estes casos só contempla unha aportación de 500 euros. De ningunha maneira consideran no Club Deportivo Cenlle que van deixar desamparado ao xóven futbolista, aínda que para un club cun orzamento de apenas 8.000 euros para toda a tempada, resulta imposible cubrir os gastos da clinica dental.

Dentro da súa modestia, o CD Cenlle aportará 1.000 euros, polo que restaría reunir outros 3.500 eruos máis. Desta maneira, o club vai poñer en marcha algunhas actividades para recadar o diñeiro restante.

Os directivos do Club Deportivo Cenlle, José Veloso e Jose Requejo, dan detalles desta iniciativa nesta entrevista en COPE O Carballiño. Escóitaa aquí.