O CEIP executa obras de mellora con vistas ao inicio do curso escolar, coa matrícula máis alta da última década

1, Setembro 2016

A xefa territorial de Educación da Xunta de Galicia, Mercedes Gallego, o inspector Xosé Fernández e arquitecta do organismo autonómico visitaron as obras que se están a facer no CEIP “Nosa Señora de Xuvencos de Boborás”.

Estas obras consisten na sustitución do tellado integramente e a separación de dúas aulas de infantil.

Durante a visita, foron recibidos pola alcaldesa en funcións; Rosa González, a tenente de alcalde; Patricia Torres, o concelleiro de Infraestruturas; Avelino Prado, o director co colexio e profesores do centro.

Mercedes Gallego valorou positivamente o crecemento do centro, que para o novo curso rondará os cen alumnos.

As obras de mellora que se están a facer teñen un investimento superior aos 60.000 euros,e tamén salientou o aumento de profesorado que experimentará o centro co inicio do novo curso escolar.