O CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo galardonado co "Galicia Saudable" nos premios do deporte galego

11, Marzo 2015

O xurado recoñece asi  o traballo e a actividade que desenvole este centro educativo, o colexio de infantil e primaria Virxe da Pena da Sela do Irixo, no fomento e promoción da actividade física e os hábitos de vida activa.

Gran mérito de toda a comunidade eductiva dun colexio rural, que conta neste curso cunha matrícula de 42 alumnos que participan nos distintos programas deportivos escolares, nos que practican distintas modalidades deportivas, como o fútbol-sala, o atletismo ou o bádminton, entre outras. Ademáis, amplian a actividade lectiva cunha hora a maiores que dedican á actividade física.

Os premios do deporte galego son concedidos con carácter anual pola Xunta de Galicia. O CEIP do Irixo é galardonado co premio "Galicia Saudable 2015".