O censo electoral de residentes ausentes do Carballiño logra un récord histórico: 4.015 inscritos.

24, Maio 2016

Por vez primeira dende que existe este rexistro o municipio do Carballiño rebasa a cifra das 4.000 persoas incritas, xa que según os últimos datos actualizados do CERA son 4.015 os electores residentes no extranxeiro que son orixinarios do municipio carballiñés.

En apenas unha década, o CERA carballiñés experimentou un notable incremento, ao pasar dos apenas 3.000 incritos do ano 2006 a estes 4.015 electores residentes ausentes, persoas que están inscritas neste censo electoral e declararon que o seu concello de orixe é O Carballiño.

No ámbito comarcal, aínda que rexistra un leve descenso, tamén e siñificativo o CERA de Boborás, con 2.431 inscritos. Por arriba dos mil electores no extranxeiro tamén se sitúan Maside -con 1.515-, O Irixo -1.057- e Beariz -1.045-.