O Centro Comercial Aberto celebra este venres o "Dia Especial de Compras" do que particpan 43 establecementos

18, Xuño 2020

Este venres 19 de xuño, celebrarase de novo o SHOPPING DAY (DÍA ESPECIAL DAS COMPRAS) no Carballiño. Con esta nova edición do evento, a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto retoma as súas campañas de dinamización pero con cambios e sempre adaptándose a situación actual.

Respetaranse todas as medidas de seguridade nos establecementos participantes e nesta ocasión, non haberá pasarela de moda, nin animación de rúas por mor e para evitar posibles aglomeracións.

Os establecementos participantes son un total de 43, dos cales 36 son comercios que ofrecerán aos clientes descontos e promocións en artigos de tempada, ampliando o horario ata as nove da noite; e 7 son establecementos hostaleiros que colaboran agasallando tapas a cada cliente que cando merque nos comercios recibirán una invitación para dita degustación.

Como en edicións anteriores e continuando coa dinámica da Asociación Carballiño Centro comercial Aberto, premiarase a fidelidade dos clientes, os cales unha vez realicen a súa compra conseguirán unha papeleta de participación para un sorteo que se realizará o mesmo día as 21:30h; de 300€ en vales de compra de 50€ cada un e tamén sortearanse dous tratamentos de beleza e estética.

Ademáis unha vez acudan a depositar dita participación na furna do CCA sitada na Praza Maior, recibirán unha bolsa reutilizable da Asociación Carballiño CCA.