O Centro de Deportes Barco, rival de C.D. Arenteiro en cuartos de final da Copa Deputación

7, Febreiro 2014

Os valdeorreses do Centro de Deportes Barco, na actualidade un dos equipos punteiros da Preferente, será o rival de C.D. Arenteiro nos cuartos de final da Copa Deputación de Fútbol, asi o deparou o sorteo celebrado na Delegación Provincial de Fútbol. 

O primeiro partido xogaráse no Barco de Valdeorras o 17 de Abril, Xoves Santo, e a volta en Espiñedo o dia 1 de Maio, tamén xoves. No caso de superar esta eliminatoria, o C.D. Arenteiro enfrontaríase en semifinais co vencedor da eliminatoria Melias-Verín.