O Centro de Deportes Barco visita Espiñedo en partido de copa Deputación

29, Abril 2014

Dende as cinco da tarde deste xoves 1 de Maio xogaráse o partido de volta de cuartos de final da copa Deputación de Fútbol. No encontro de ida desputado en Calabagueiros os valdeorreses cobraron ventaxa de 1-0. Ambos equipos chegan a este partido con sensacións ben distintas, o Arenteiro no peor momento da tempada tras a derrota en liga co Covadonga, mentres que o C.D. Barco ven de gañar o seu último partido na preferente na casa do líder Ribadumia.