O Centro de información ás Mulleres do Carballiño oferta cursos de formación

5, Febreiro 2010

 A concelleira nacionalista de Igualdade e Benestar do Carballiño, Aúrea Francisco, ven de facer públicas distintas ofertas de formación para mulleres. Estas ofertas consisten nun curso de iniciación ao inglés, un de perfeccionamento de ofimática e internet e outro de maquillaxe creativa de entroido.

O Centro de Información ás Mulleres procederá a inscribir ás mulleres solicitantes dentro do prazo que comeza o vindeiro luns 8 de febreiro. Os horarios e datas son variados polo que aquelas mulleres interesadas deberán dirixirse ás oficinas do CIM, sito na rúa Faustino Santalices, ou ben facer as súas consultas por teléfono nos números 988531076 e 988531077, ou a traveso do correo electrónico cimcarballino@yahoo.es.

O número de prazas é limitado –explica a concelleira do BNG, Áurea Francisco- polo que, aquelas mulleres interesadas non deben deixar a matrícula para última hora”. “Trátase de ofertar cursos –subliñou a portavoz nacionalista- que poidan servirlles cara a mellorar os seus currículos, ao tempo que melloran a súa formación persoal ”.