O Choco lévase os 3 puntos de Espiñedo aproveitándose de 5 aciagos minutos do Arenteiro na segunda parte

22, Outubro 2017

En apenas cinco desafortunados minutos -53 e 58- da segunda parte chegaron os dous goles do Choco que remontaban o gol de Igor Sevivas no minuto 39 de partido.

A remontada do equipo de Redondela chegaba aínda con tempo suficiente para que o Arenteiro poidese reaccionar, pero o certo é que o Choco non perdeu en ningún momento a cara ao partido e estivo moi acertado no seu traballo defensivo.

O que non estivo tan acertado como o Choco foi o colexiado Bruno Méndez e un dos seus auxilares, desde o inicio xa se víu que o partido quedáballe moi grande, entre ambos anularon un gol ao Arenteiro por suposto fora de xogo e perdoaron o segundo cartón amarelo ao xogador do Choco Comis.

Para ver a ficha do partido podes facélo no seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...