O Comité de Apelación estima a medida cautelar de suspensión na sanción a Victor Gallego

18, Outubro 2013

O xogador poderá xogar este domingo o partido que o Club Deportivo Arenteiro desputará en Espiñedo -17 horas- fronte ó Verin C.F., correspondente á octava xornada de liga.

O Club carballiñés presentou un recurso ante o Comité de Apelación da Federación Galega de Fútbol, contra o acordo do Comité de Competición de sancionar con dous partidos de suspensión ao centrocampista do C.D. Arenteiro. 

A última hora da tarde do venres, o Club recibíu a notificación  do Comité de Apelación, que acorda estimar a medida cautelar de suspensión, quedando pendiente de resolución o recurso, polo tanto Victor Gallego poderá desputar o partido ante os verinenses. O Club considera inxusta a sanción ao xogador tras a súa expulsión do pasado domingo en Xinzo de Limia, e espera que o Comité de Apelación deixe sen efecto a citada sanción.