O concelleiro Bernardo García devolve a invitación para o xantar da Festa do Polbo "porque o concello non pode permitirse este luxo"

10, Agosto 2016

O concelleiro de Alternativa Veciñal acudíu ao rexistro municipal para proceder á devolución da tarxeta-invitación que lle entregara o concello do Carballiño, e na súa condición de membro da corporación muncipal, para participar no xantar no recinto do concello, este próximo domingo no parque.

Bernardo García manifesta que "o concello do Carballiño non pode permitirse o luxo de repartir invitacións a xente que non traballe directamente na organización da festa". E recorda que o ano pasado "o concello puxo 41.000 euros pola comida e recaudouse só 26.560 euros", a un prexo de 30 euros a tarxeta, "polo que o deficit é evidente", remarca.

Asimesmo, considera o concelleiro que "son os sectores que se benefician da festa os que deberían encargarse da súa organización e buscar o diñeiro preciso"

Finalmente, Bernardo García avanza que "xa pedín o orzamento previsto para esta festa e valorar como se distribuíu o mesmo, e evitar que sexan os veciños os que paguen sempre este tipo de eventos".