O Concelleiro de obras busca solucións para as deficiencias na avda.de Compostela e a mellora da seguridade vial nas rúas carballiñesas

11, Novembro 2009

O responsable municipal de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, ven de reunirse co xerente de Xestur Argimiro Marnotes, unha xuntanza na que tamén estivo presente o Alcalde Carlos Montes, para analizar a problemática na avda. de Compostela, relativa ás defiencias derivadas da obra de reforma que se acometeron recentemente, daquéla non se separaron as augas pluvias do alcantarillado, e desde entón veñense producindo inundacións nos baixos e sotos de varios edificios, e na propia rúa, que xa teñen provocado varias incidencias no tráfico. Amil asegurou que se están estudiando posibles solucións para levar á practica e solventar esta problemática, que ven motivando as protestas dos veciños afectados. O Tenente Alcalde tamén anunciou que xa encargou a elaboración ós servizos técnicos muncipais un estudio de avaliación da seguridade vial nas rúas do Carballiño, coa finalidade de proxectar fucturas actuacións e tamén adaptar e correxir na medida do posible as deficiencias que se detecten, na procura de mellorar tanto a seguridade como a accesibilidade nas vias carballiñesas Neste senso, para este xoves dia 12 á unha da tarde, o Concelleiro vaise reunir coa veciñanza da rúa Virtude, e coa idea de consensuar a mellora da seguridade vial nesta rúa na que o tráfico aumentou considerablemente no último ano e desde que se prohibíu o acceso desde o cruce de Ribadavia a través da rúa Ribeiro. A intención de Manuel Amil é acometer a construcción de beirarúas para mellorar a seguridade vial nesta rúa que enlaza o cruce de Ribadavia coa rúa San Cibrán.