O concelleiro Juan Manuel Villanueva á alcadesa do Irixo: "dimitiréi cando antes dimitas ti, fumos un fracaso como grupo, vaite ti e detrás voume eu". Escóitao aquí.

24, Xuño 2024

O concelleiro de Xuntos polo Irixo, Juan Manuel Villanueva, clave para manter a maioria do grupo de goberno municipal, xa que esa maioria está collida con pinzas, con cinco concelleiros -sumados os dous do PSOE- fronte aos catro do Partido Popular, advirte á alcaldesa do Irixo que non vai dimitir -tal como lle pedíu a rexedora- e afirma que "é hora de facer valer a miña acta de concelleiro e traballar polo Irixo e polos nosos veciños porque desde logo nestes nove meses pouco se fixo".

Aínda que as diferencias da alcaldesa co concelleiro eran evidentes no dia a dia, foi no pleno de aprobación dos orzamentos cando a gota de auga colmou o vaso "atrévese a levar a pleno unhos presupostos sen xiquera saber o que pensan dos mesmos os seus compañeiros de goberno, leva nove meses de alcaldesa e leva nove meses gobernando como se houbese gañado as elección con maioria absoluta, e non é asi", recordalle Villanueva á alcaldesa Susana Iglesias.

Continúa nas súas críticas manifestando que "en nove meses fixo o que lle deu a gaña, desde que houbo as primeiras discrepancias entre nos, fixo unha campaña de desprestixio cara a miña persoa, agora estorbo, pero que lle quede claro que non vou dimitir, hai que roerme". Xustifica o seu voto en contra dos orzamentos no pleno da pasada semana "o que tiña que haber feito é reunir o grupo e tratar con nos o presuposto e escoitar as nosas propostas, pero o único que lle importa non é o que din os seus asesores, o concello non se xestiona nos bares como fai a alcaldesa", dixo.

Juan Manuel Villanueva dí que a súa decisión está tomada e non hai volta atrás "neste momento rompo as miñas relacións co grupo de goberno, xa pode falar co Partido Popular, a ver se consigue os apoios necesarios para para sacar adiante os presupostos".

E lánzalle un desafio directamente á alcaldesa "gobernar asi vaise ser moi complicado, ten os dis contados nesa silla, foi un total fracaso como amiga, como persoa e como alcaldesa, empezamos moi ben pero somos un total fracaso" e pregúntase "cá foi o cámbio que nestes 9 meses ofrecimos o concello do Irixo". E foi taxante cando afirmou que "non penso dimitir, tan so o faría se antes dimites tí e Tamara (a outra concelleira de Xuntos) cando dimitadas, eu vou detrás", asegurou.

Finalmente, Villanueva deixa claro que desde este momento non vai apoiar por máis tempo á alcaldesa "faga o que queira coas miñas competencias, e que lle quede moi claro que non vou dimitir por min e por toda a xene que confiou en min e me sigue apoiando".

Escoita no PODCAST de COPE O Carballiño a intervención radiofónica de Juan Manuel Villanueva.