O concelleiro socialista Manuel Rodríguez propónlle ao concello que anime o nadal de Leiro con concursos, obradoiros e cinema infantil

5, Decembro 2020

O portavoz Municipal socialista no concello de Leiro Manuel Rodríguez recorda como "nos achegamos xa a unhas datas especiais de cada ano, e neste caso con máis motivo, xa que as circuntancias están a ser complicadas na contorna familiar, moitas veces lonxe dos nosos seres mais queridos".

Remarca que "nestes moitos meses de Pandemia temos que facer un recoñecemento aos máis pequenos, xa que os seus costumes e diversións diarias mudaron completamente. Por iso os socialistas propoñémoslle ao Grupo de Goberno que organice para eles e tamén para o conxunto dos veciñ@ s actividades axustadas para estas datas".

Estes son algúns dos exemplos que propoñen os socialistas, desde un Concurso de Decoración Do Nadal (xanelas,balcóns,portais) a finalidade destas obras anónimas de decoración valoraríase a creatividade, orixinalidade, asi como a combinación de elementos e cores.
Tamén un Concurso de Postais para os máis pequenos con algúns premios para as mellores (Quebracabezas,libros,xoguetes ect…) e a postal gañadora podería usarse como a “oficial do Concello” para desexar á nosa veciñanza ben sexa individualmente por correo en cada domicilio, ou tamén de forma virtual (redes sociais, whasap…) desexando unhas felices festas e un bo ano 2021.
Outra das propostas que lle achegan os socialistas ao Goberno Municipal é que se celebre un Campamento de Nadal con todo tipo de actividades desde un Obradoiro de Neve, Carta a Papa Noel, Manualidades de Nadal, Pintura, Árbore de desexos, Globoflexia, Tatuaxes de fantasía ect….unha Semana de Cinema Infantil aproveitando que temos un Cinema e único da Comarca do Ribeiro e Carballiño adaptándose á normas sanitarias que regulan esteas eventos, para que os mais pequenos poidan gozar deste evento nunhas datas tan sinaladas e por suposto premiar o seu esforzo, despois de moitos meses de “restricións”
E finalmente un Concurso de Beléns: para que os veciños mais maiores tamén participen neste Nadal tan atípico dunha forma individual como colectiva desde a Parroquias, Asociacións, Residencia de Maiores e Centro de Día.