O concello adxudica o suministro eléctrico da rede municipal á empresa Endesa Enerxía "cun aforro de 700.000 euros"

4, Novembro 2020

O concello do Carballiño ven de otorgar o suministro eléctrico do termo municipal para o próximo exercicio 2021 á empresa ENDESA ENERXÍA SAU, que presentou a mellor oferta no procedemento de adxudicación deste servizo. A adxudicación faise por un exercicio pero coa posiblidade de prorrogalo outro máis. En concreto, o aforro anual por este concepto é de 699.909,42€, o que supón un 64% menos que o gasto realizado durante este ano 2020. Así, a licitación do servizo para este período anual era de 1.093.830,17€, mentres que a oferta presentada por Endesa foi de 393.920,75€.