O concello agarda que a Xunta lle transfira a rúa Ourense para acometer a súa remodelación

20, Outubro 2019

Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde do Carballiño, Frrancisco Fumega. O concello está a espera de que a Xunta de Galicia, xa que este vial aínda é de titularidade autonómica, lle transfira esta estrada que en tempos correspondíase coa N-541 cando atravesaba o centro urbano do Carballiño.

A actúal rúa Ourense vai dende Conde Vallellano ata o límite co concello de Maside, nas inmediacións da rotonda da Fontela.

O rexedor municipal avanzou que a idea do concello é acometer un proxecto de humanización desta rúa, que incluirá a contrucción de beirarrúas máis amplas, novas canalizacións dos servizos de abastecemento e saneamento, e mellora da iluminación pública.

Fumega, en resposta á inquietude veciñal en relación ao exceso de velocidade no que circulan vehículos neste vial, asegurou estar informado desta problemática e avanzou que a idea do concello é instalar pasos de peóns sobreelevados como reductores de velocidade.