O concello anuncia a licitación das obras de mellora nas rúas Aller Ulloa, Alberto Vilanova, e dous viais na parroquia de Señorín

20, Novembro 2018

O concello do Carballiño procederá nos próximos días á licitación do proxecto de asfaltado das rúas Aller Ulloa, Alberto Vilanova, Tellado, un tramo da estrada a Treboedo e A Carreira.

Así mesmo, o proxecto inclúe o cambio da rede de abastecemento con tuberías de PVC. O orzamento de licitación previsto será de 169.347 euros, e o plazo de execución, de dous meses.

Estas obras forman parte do acordo levado a cabo entre o Grupo municipal de goberno e o Grupo Popular na aprobación do presuposto deste ano.
Neste proxecto figura a rúa Alberto Vilanova, de acceso ao centro de saúde, á delegación de Facenda e ao Instituto nº 1, que é unha das rúas máis transitadas tanto por vehículos como por peóns, así como un tramo da estrada de Señorín, que se atopan dende hai tempo en mal estado.

En concreto, estas rúas suman un total de 1.224 metros, sendo a rúa Alberto Vilanova a de maior lonxitude, con 655 metros; seguida da rúa Tellado (277 m), tramo da estrada de Treboedo –desde a rúa do Tellado co cruce coa Carreira- (152 m), Carreira –entre rúa Ourteiriño e rúa Xesteira- (87m), e a rúa Aller Ulloa –entre rúa Ourense e Alberto Vilanova- (53 m).