O concello asegura que "actúou xa a pasada semana tan pronto tivo coñecemento do problema", en relación á proliferación de ratas na rúa Costa Rica

8, Outubro 2018

A empresa de desratización que presta servizo ao concello do Carballiño actuou o pasado xoves e o voltará a facer mañá, martes, para eliminar o problema da existencia de ratas no entorno da rúa Costa Rica, aseguran dende o concello do Carballiño, ante as denuncias veciñais recollidas nesta mesma páxina WEB.

A concelleira de Medio Ambiente "alertou á empresa de xeito inmediato en canto tivo coñecemento da existencia deste problema nesa zona próxima ao río Arenteiro. De feito, en canto recibiu o aviso, que foi o mércores, ao día seguinte, o xoves, esta empresa acudiu ao lugar para avaliar o problema e aplicar as posibles solucións con carácter prioritario", aseguran dende o concello carballiñés.

Tamén manifestan que "a concelleira Érika Paz non tivo coñecemento da existencia deste problema ata este mércores pasado, sen que ningún veciño se dirixise a ela con anterioridade. Doutro xeito, xa se terían tomado medidas, habida conta da prioridade que lle otorga a concelleira aos problemas que atinxen á salubridade pública", remarcan.

A empresa de desratización contratada pola Concellelría de Medio Ambiente, que fai seguimento e realiza campañas periódicas para a eliminación de roedores, "intensificando as súas actuacións cando as circunstancias o esixen, mobilizouse con suma rapidez neste caso, e por iso estivo traballando o xoves e o o voltará a facer mañá na zona afectada, de xeito que se resolva o problema", subliñan dende o concello.