O concello asegura que as obras de reparación dos viais na zona industiral executáronse "en tempo e forma"

15, Xaneiro 2016

As obras de reparación de viais da zona industrial do Carballiño, levadas a cabo o pasado mes de outubro, "foron realizadas en tempo e forma, cumpríndose os termos previstos no proxecto", aseguran dende o concello tras a denuncia por supostas irregularidades feita polo Partido Popular.

"Na acta de comprobación material, asinada o 18 de novembro polo técnico enxeñeiro industrial da Xunta de Galicia, se expresa a conformidade coa documentación da obra, coa conxunción dos obxectivos e cocumprimento da normativa vixente", manifestan dende o concello carballiñés.

Engaden, ademáis, que"houbo un incremento do custo da capa asfáltica, que se fixodun grosor moi superior ao previsto inicialmente, compensando o aforro dalgún tramo no que non se considerou necesario picar máis a fondo para colocar unha base de zahorra".

Finalmente, subliñan que  "a premura de tempo para poder executar esta reparación, que se realizou prácticamente nunha semana, non permitía máis atrasos nin modificacións significativas que imposibilitasen a súa conclusión".